Política de Privacidade
Última actualización: 18 de xullo de 2026
A Plataforma Cívica Milenio garante a protección dos datos persoais das persoas usuarias deste sitio web, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RGPD), e coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
1. Responsable do tratamento
- Responsable: Plataforma Cívica Milenio
- Correo electrónico: contacto@plataformamilenio.eu
2. Que datos recollemos
A través do formulario de inscrición de simpatizantes recollemos unicamente os datos estritamente necesarios:
- Nome (e apelidos).
- Enderezo de correo electrónico.
- Observatorios de interese (campo opcional).
Non recollemos ningún outro dato persoal. O sitio web non solicita datos especialmente protexidos nin realiza elaboración de perfís.
3. Con que finalidade
Os datos trátanse coas seguintes finalidades:
- Xestionar a relación coas persoas simpatizantes da asociación.
- Enviar comunicacións sobre a actividade da Plataforma Cívica Milenio (información, convocatorias, publicacións).
4. Base xurídica
A base que lexitima o tratamento é o consentimento da persoa interesada (artigo 6.1.a do RGPD), outorgado ao cubrir e enviar voluntariamente o formulario. Este consentimento pode retirarse en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
5. Durante canto tempo conservamos os datos
Os datos consérvanse mentres se manteña a condición de persoa simpatizante ou ata que a persoa interesada solicite a súa baixa ou retire o consentimento. Unha vez recibida a solicitude de baixa, os datos suprimiranse sen demora indebida.
6. Destinatarios e encargados do tratamento
A asociación non cede os datos a terceiros, agás aos provedores de servizos que actúan como encargados do tratamento, estritamente necesarios para o funcionamento do sitio e a xestión das comunicacións:
- Statichost (Suecia, Unión Europea): provedor de aloxamento do sitio web (hosting estático), con servidores na Unión Europea.
- Brevo (Sendinblue SAS) (Francia, Unión Europea): provedor do formulario de alta de simpatizantes e do envío dos correos de confirmación e benvida; xestiona e almacena os datos das persoas simpatizantes.
- Disroot (Países Baixos, Unión Europea): provedor do correo electrónico de contacto da asociación (contacto@plataformamilenio.eu).
Con ambos os provedores existe a correspondente relación de encargo de tratamento conforme ao artigo 28 do RGPD.
7. Transferencias internacionais
Todos os encargados do tratamento —aloxamento, formulario e correo electrónico— tratan os datos dentro da Unión Europea. Polo tanto, non se producen transferencias internacionais de datos fóra do Espazo Económico Europeo.
8. Dereitos das persoas usuarias
Calquera persoa ten dereito a:
- Acceso aos seus datos.
- Rectificación dos datos inexactos.
- Supresión dos datos.
- Oposición ao tratamento.
- Limitación do tratamento.
- Portabilidade dos datos.
- Retirada do consentimento en calquera momento.
Para exercer estes dereitos, abonda con enviar unha solicitude ao correo contacto@plataformamilenio.eu, indicando o dereito que se desexa exercer. Pode ser necesario verificar a identidade da persoa solicitante.
9. Reclamación ante a autoridade de control
Se considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a través da súa sede electrónica (www.aepd.es).
10. Cambios nesta política
A Plataforma Cívica Milenio resérvase o dereito de modificar esta política de privacidade para adaptala a cambios normativos ou de funcionamento do sitio. As modificacións publicaranse nesta mesma páxina, coa data de actualización correspondente.